#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Tréfegas uvas
inda brillan no niño
da desmemoria.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Tréfegas uvas
inda brillan no niño
da desmemoria.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Castrexa herdanza:
cada parede nosa
ten un embigo.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
O paxariño
vén arrolar a flor
do limoeiro.
Momento do debate ao final da representación.
#INTERFERENCIAVARADA é unha montaxe que puxo en escena a compañía Xerpo na súa SALA INGRÁVIDA (O Porriño) os días 3, 4, 11 e 12 de maio. Na obra conxúgase a poesía (haikus) e a tecnoloxía que vence o espazo e o tempo podendo representarse interactivamente en dúas salas (Galicia e Andalucía) dándolles aos públicos participación.
Como autora dos haikus seleccionados para servir de fío condutor das interferencias espazo-tempo –feito que non agradecerei o suficiente- asistín convidada á representación do día 4 e vin un ensaio destinado a repasar o manexo das crebas propias do teatro xaponés wabisabi, recollidas estas no mar de Cangas, que pon en movemento o actor –expléndido Álex Sobrino-, e da parte tecnolóxica que desenvolve cara ao público Irene Moreira –directora dun proxecto tan ambicioso como sinxelo de aparencia e unha mente teatral creativa que fascina.
Crebas sobrantes exhibidas fóra da sala
Deixo estas fotografías de recordo dunha experiencia irrepetible, non só da amante que son do teatro, senón sobre todo de poeta: escoitar haikus meus como textos esenciais nunha dramaturxia que desenvolve un movemento pendular cun eixo espazo/tempo.
Un momento do ensaio co péndulo en movemento.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Ollo da noite,
tes pestanas e embigo
no ser da lúa.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Pode un tetráscele
abrir a porta ao enigma
que ninguén pecha.