#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Todo equilibrio
de-pende da harmonía
que hai no universo.
#fotopoesia
Revés dunha cociña de moderno eremita agardando por unha imaxe de San Simeón ou de San Antonio.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Révese a rosa
na auga do amencer
que a fixo alfaia.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Caeu ao chan,
o aire xa non soña
e chora a auga.
Pombas, marmelos…
Montaxe treatral
finada a obra.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Pousan aquí
os ollos da paisaxe
igual que un xílgaro.