CANCIÓN PARA QUE HELENA FAGA SETE ANOS

SANYO DIGITAL CAMERA

Sete, como os cabritos do conto que rescatas

das gadoupas do lobo desde a divina infancia

coa sensatez saíndo xa no teu horizonte:

“Que burro é. Cantos traballos pasa

sabendo que no super venden cabrito morto”.

 

Sete, como as ananos coidando a Brancaneves,

a princesa sumisa. E sete como as outras, heroínas,

que te atrapan tamén con antifaces,

con alas transparentes e espadas triunfadoras.

 

Sete veces pasou esta efeméride, igual que sete estrelas

que van cadanseu ano enchendo o ceo

daquelas ilusións que chegaron contigo

unha mañá de agosto por entre cabrinfollos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s