#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Calquera aperta
no cume do setembro
é despedida.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Calquera aperta
no cume do setembro
é despedida.
Entrevista sobre o libro ilustrado “Fina a Pirata” (Galaxia), que pode encontrar neste enlace https://www.faroeduca.es/faro-educacion/suplemento-24092019/lecturas.html?fbclid=IwAR2Hb2qPexFHoGsSXBTZb_p0Ewg_f95uytCNWdzjgJ70GYvwsGLpaScX8Ro
Onde morre o que había
nace un gran cemiterio.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Chama a Penélope
que desteza de noite
este teu liño.
Helena Villar Janeiro
Fina a pirata (ilustracións de Abi Castillo)
Galaxia, Vigo, 40 páxinas, 15,20 €, 2019
Reecontrarse coa palabra de Helena Villar Janeiro, sexa no xénero que for, resulta sempre unha experiencia grata e marabillosa, se nesta ocasión se fai coa compaña das excepcionais ilustracións de Abi Castillo para este libro titulado Pirata, non dubido que aínda máis.
Helena Villar Janeiro réndelle, neste álbum ilustrado infantil, un tributo a un deses xogos colectivos practicamente desaparecidos do actual imaxinario lúdico infantil, e paréceme ben que o faga porque entre outros motivos retrata a historia dunha nena que vive nos Ancares, filla dun labrego e carpinteiro, que conta unha historia posible dun accidente fortuíto e como a lectura, a solidariedade das súas amigas, unha actitude positiva do entorno escolar e, sobre todo, a imaxinación e o xogo poden sempre axudar a restablecer a normalidade e o optimismo porque si…
View original post 31 palabras máis
Moi agradecida á reseña de Ramón Nicolás que podedes atopar nesta ligazón.https://cadernodacritica.wordpress.com/2019/09/16/fina-a-pirata-de-helena-villar-janeiro/#like-23840
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Cruceiro dobre,
apaxoo do sol
cando esmorece.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Setefogas,
onde as ondas arriban
procurando as colores verticais
para poñer ao sol as acuarelas.
Setefogas,
onde paran as barcas
a lucir os seus nomes,
aquietados os remos e afrouxados os cabos
para xogar co argazo e mais coa sombra.
Setefogas,
onde brúan os ventos
cos seus dedos arpistas procurando as enxarcias
sen remos nin velame da Xeiteira
para pulsar arpexos.
Pero xa non está
a señora das augas salitradas.
Foise pola memoria
segundo veu un día no recordo.
Xeitera!
Regresa a Setefogas
que esmorece esperando a túa vela,
volta simbólica da dorna a cada porto.
Que ninguén coma ti
rotura o peito ao mar pola luzada
en longo suco traballado á quilla
sacando xoubas e atrapando ás veces
versos perdidos de Manuel Antonio.
Xeitera!
Regresa a Setefogas,
toma aquí o descanso que precises
de memoria e silencios
e axúdanos a ver o mar con eses ollos,
que inda temos herdados.
Publicado en Libro das festas de Guadalupe 19