SEÑARDADE DA XEITEIRA EN SETEFOGAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Setefogas,

onde as ondas arriban

procurando as colores verticais

para poñer ao sol as acuarelas.

 

Setefogas,

onde paran as barcas

a lucir os seus nomes,

aquietados os remos e afrouxados os cabos

para xogar co argazo e mais coa sombra.

 

Setefogas,

onde brúan os ventos

cos seus dedos arpistas procurando as enxarcias

sen remos nin velame da Xeiteira

para pulsar arpexos.

 

Pero xa non está

a señora das augas salitradas.

Foise pola memoria

segundo veu un día no recordo.

 

Xeitera!

Regresa a Setefogas

que esmorece esperando a túa vela,

volta simbólica da dorna a cada porto.

Que ninguén coma ti

rotura o peito ao mar pola luzada

en longo suco traballado á quilla

sacando xoubas e atrapando ás veces

versos perdidos de Manuel Antonio.

 

Xeitera!

Regresa a Setefogas,

toma aquí o descanso que precises

de memoria e silencios

e axúdanos a ver o mar con eses ollos,

que inda temos herdados.

 

Publicado en Libro das festas de Guadalupe 19

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s