#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Vai o elefante
mirándome de esguello,
dixo o camiño.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Soltouna a ave
para eu poñer poemas
riba do vento.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Tempo e mais chuvia
desangraron a pedra
que era memoria.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Dor repetida
nun Chile que resiste
as aguilladas.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Na hora dourada
baixa o sol derretido
xacer coa terra.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Cando aparecen
amores outonizos
son como perlas.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Os vertedoiros
sen augas nin vaixelas
recollen tempo.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Faise un funil
para ver a mañá
que foi soñada.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Hoxe marchou
a enrolarse na barca
dun mar de folla.