VOLVE Á MONTAÑA O TEMPO DE NADAL

Fotografía de Antonio Álvarez González

Cancelada, que se enmarca na comarca ancaresa, preparouse amodiño para recibilo ao son do paso do outono. Caeu a folla volteando as colores do vento, choveu a cachón e reventaron as fontes, aumentaron os ríos o caudal e encolleron os días facendo da aparición solar unha delicia… Cancelada ten a paisaxe da clásica tarxeta de Nadal nas latitudes que marcan ben o inverno.

O sendeiro de Quintá-río Donsal garda a beleza simbólica do recollemento da fin de cliclo  e da esperanza na nova primavera… O inverno pon os seus encantos arredor do río… Verdexan os mofos, cantan as augas solos de percusión convulsa, reaparecen as colores do camiño húmido e sombrizo, móstrase a xeometría crebada das árbores espidas que se espellan nas augas relucidas coa luz que penetra nos sollíos.

Arriba nas aldeas,  acenden as cociñas para escorrentar o frío e congrégase a familia falando sen présas mentres coce o caldo que arrecende a unto e a verdura. É a vida ancestral que  non perdeu costumes culinarios en herdo e as chamineas deixan saír o fume que se ergue como oracións sinxelas cara ao ceo.

Volve o tempo de Nadal onde non foi destruído por unha civilización que xa non respecta a Terra. O camiñante da ruta prosegue como se traspasase esa tarxeta, pero pode acollerse á hospitalidade daquelas xentes. Nalgunha casa roxarán un forno e o ulido ao pan quente esparexerase no aire devolvendo as infancias xa perdidas.

O tempo de Nadal é como o río que, non estando quieto, sempre segue nas beiras onde acudimos buscándonos a nós.

Fotografías de Antonio Álvarez González

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s