Repartición da intemperie.
Arquivo por meses: Xaneiro 2020
VER TRAS DA CHUVIA
#poesiaminima
#fotopoesia
Hai que saber mirar detrás de chuvia.
O CARACOL E A RULA
Graciñas a Marta Dacosta Alonso por este artigo no que fari referencia ao traballo que a compañía #xerpo fixo dos meus haikus na obra Interferencia Varada. Podedes velo neste enlace. https://www.nosdiario.gal/opinion/marta-dacosta/teatro-ou-poesia/20200124123938090115.html?fbclid=IwAR3goso52OLjUr5dY3KmbDf2OAkeI1VzllvCDj9_2SXAIBGKaG-U2csagC0
ONDAS
#fotopoemas
#poesiaminima
#tanka
Lonxe da praia
atopo sempre as ondas
dos teus ecos.
O amor festoneado
do teu mar vai en min.
VOAR AZUL
Proxección autoral das poetas galegas nas redes sociais dixitais.
Xa está á vosa disposición o traballo posdoutoral de Inma Doval “Proxección autoral das poetas galegas nas redes sociais dixitais. Aproximación a catro casos representativos: Helena Villar Janeiro, Dores Tembrás, Afra Torrado e Estíbaliz Espinosa Río”, que podedes ver no seguinte enlace https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/24752
REGRESOS
AVE MARÍA
#fotopoemas
#poesiaminima
Tallada polo lume e o remol,
figura maternal dos tempos idos,
así te me apareces de mañá
mentres o merlo canta Ave María.
HELICOIDAL
#fotopoemas
#poesiaminima
#tanka
Verte tan cerca
virou a tarde toda
helicoidal.
Remuiños de labios
soben bicar a lúa.