O LIBRO DE MARÍA. CANTAN OS NENOS

Cando María do Cebreiro (nacida en 1976) precisou arrolos, eu cantáballe “Las canciones de Natacha” de Juana de Ibarbourou. Levaban música miña, pois fixera cursos de pedagoxía musical con Jos Wuytack e estaba volcada na música infantil. Seu pai, Xesús Rábade Paredes, díxome que podiamos escribir tamén as letras e alí naceu O libro de María, cuxa poética foi a primeira creación colaborativa de nós os dous, non moi longa pero si moi intensa.

E non foron só anainas, senón cantos para acompañar feitos rituais da vida da nena –e axiña a de Abe, seu irmán-: comer, deitarse, xogar á rolda, apandar… E tamén para falar das orixes do seu nome, do mundo urbano, da escola… O libro era tamén un método de aprendizaxe musical no que se iniciaron os nosos nenos antes de acudir ao Conservatorio. Ao coñecelo, utilizouno tamén nas súas clases a directora e profesora do Conservatorio Histórico de Santiago, Sally Albaugh, tristemente finada no ano 2007.

Foi o primeiro orixinal que tivo Edicións Xerais de Galicia. Preparouno, encargou os debuxos ao tamén debutante Xan López Dominguez, que o asina como Xan, e as partituras, mais non chegou a publicalo, traspasándollo á Consellería de Cultura que o rematou e distribuíu polos centros e bibliotecas de Galicia. Con todos estes atrancos non se publicou ata 1984, despois de ter formecido xa de cancións para o Festival de Canción Infantil Cantareliña, nacido en 1983. O noso traballo non foi remunerado, pero a ampla difusión do libro en tempos duros para o idioma pagou con xenerosidade o feito de crealo e dalo ao público.

O libro de María recibiu o pado curso unha homenaxe no Colexio Brea Segade de Taragoña (Rianxo), servindo de base para o festival das Letras Galegas 2019. Inmensa gratitude ao alumnado e ao profesorado deste benquerido centro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s