RIANXO E BECERREÁ: OS DOUS DANIEL

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As miñas vilas de acollida e de nación tiveron senllos médicos homónimos traballando contra a gran peste de 1918, chamada “Peste Española”. O rianxeiro, que non se dedicaba á medicina, descolgou a bata branca para atender a súa veciñanza precisada. Quizabes motivado pola dor, datou en 1922 un dos seus maxistrais relatos: “O retrato” (Retrincos: “Por amaina­la conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios”….

Castelao sobreviviu a unha pandemia tremendamente cruel porque engadía o fenómeno da catalepsia. A xente tiña pánico a morrer e inda máis a ser enterrada viva. A aquel Daniel quedáballe moito tempo por diante para volver ao seu e ser gran artista e guía imprescindible para pensar o país.

Durante a mesma peste, Becerreá tivo outro Daniel médico, chegado de fóra recén casado, que morreu atendendo os moribundos, pois a peste era moi rápida matando. Posiblemente non esperase da vida máis que ser un bo profesional dunha vila afastada. Pero o seu nome quedou para a posteridade na lápida amorosa máis bonita que podía esperar a tumba que o acolleu nun cemiterio estraño.

“DANIEL MÍO, TU ESPOSA VIVE PARA TI”

Descubrina nas relativamente frecuentes visitas ao cemiterio e, tras da impresión desta lectura singular entre todas as outras, conseguín recuperei aquel heroe nos recordos de infancia de meu pai.

Unha opinión sobre “RIANXO E BECERREÁ: OS DOUS DANIEL

  1. Pingback: ‘RIANXO E BECERREÁ: OS DOUS DANIEL’ — Tirar do fío | MariaLDario's Blog

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s