A ANXA MÁIS NOVIÑA

Debía ter tres anos e só recordo dese día a suavidade das alas. Era festa de Corpus e estivera na misa axoenllada en posición de rezo onda o sagrario, como se fose porcelana. Miña nai estaba orgullosa da disciplina anxelical, polo que lle contaran. As señoritas donas da casa alugada levábanme con elas e, como parte das organizadoras de solemnidades litúrxicas, asignáranme un papel iniciático de nena virtuosa.

Detrás veu a comuñón, o coro e a imposición da medalla de “Hija de María” que lucía nas cerimonias colgada dunha cinta de satén como o manto da Inmaculada. Achegáronme así a un Deus sensual que se manifesta no estoupido da primavera cos seus aromas. Tamén fun “reparadora” para rezar cando alguén blasfemaba, e “visitadora” para acompañar a Xesús Sacramentado rezando Noso Pai, Ave María e Gloria Patri, unha vez cada día, a poder ser.

Naquela carreira relixiosa cheguei a catequista e ata me pareceu  sentir unha chamada á clausura do Carmelo, xa acabada a carreira de mestra. Mais, aos poucos, o meu Deus deixou os templos, instalouse entre pobres e oprimidos, fuxiu dos poderes e estimoume a min como muller e o meu pobo coas súas cultura e lingua.

Pero inda, inxel, aparece cada ano a través das flores primaverais e convídame cos penetrantes arrecendos a ser por outra vez a anxa máis noviña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s