#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Funil do olvido
conducindo o tempo.
A terra zurce.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Funil do olvido
conducindo o tempo.
A terra zurce.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Un día o mar
devolveu un Cupido
que naufragara.
Faltan poucas horas para a noite do San Xoán, data que está vencellada a numerosas crenzas e ritos, reminiscencia de antigos cultos que se celebraban coa chegada do solsticio de verán. A auga, o lume e as herbas son os tres símbolos nos que se basean os rituais desta noite e que, segundo a crenza popular, son os elementos que nos librarán do mala sorte e de todo canto queiramos deixar atrás.
En Galicia, ademais de ser costume apañar as sete ou nove herbas aromáticas para facer a denominada auga roseira ou de San Xoán, tamén se recollen outra gran variedade de flores e plantas con virtudes máxicas e profilácticas. Inda que xeralmente todas as herbas que se apañan por San Xoán teñen propiedades ocultas en calquera época do ano, na mañanciña do Bautista, exáltanse e aparécenlle outras novas. Por esta razón é frecuente recollelas…
View original post 738 palabras máis
Non é moita a información que podo aportar da “Casa del Pueblo” de Becerreá máis que a súa ubicación e algún dos traballos culturais e políticos que se desenvolvían nela durante a II República.
O edificio, situado na curva da Ribadiña da estrada xeral, fora “salina” (lugar de venda do sal ao final do monopolio), nome que herdou moito tempo tendo pasado por el a “Casa del Pueblo”, o cine, e o café hoxe Restaurante Correos, pola proximidade que tivo nos primeiros anos co servizo trasladado á Avenida de Navia.
Na Casa del Pueblo facíase cultura. Un grupo de afeccionados representaba obras de teatro, e as Misións Pedagóxicas da República proxectaban cine e programaban charlas e conferencias. Había tamén mítines nos que interviñan oradores que ás veces sobrevoaban a capacidade de asimilación dun auditorio maioritariamente rural, precisando de alguén que fose capaz de reinterpretalos.
Nun dos últimos mítines socialistas, un home moi novo vido de fóra facía alusión á sublevación de Jaca nun castelán de fonética moi allea á que o persoal estaba afeito a escoitar. Nun arrouto poético dixo algo parecido a que lle gustaría que as mans das campesiñas da zona recollesen ramalletes de flores silvestres en mañá transparente e as colocasen sobre as tumbas de Galán e García Hernández. Aquel discurso parecía cabalgar nunha nube ata que un paisano de Fontes, vendo o tempo e a ocasión perdidos, subiu ao escenario, colleulle o micro ao poea e pronunciou unhas palabras abaixadas á realidade que tiña diante dos ollos:
-O que vos quere dicir este señor é: “O socialismo convenvos. Se o quereis colleino e, se non, fodeivos”.
Nunca tantos aplausos se oíron naquela sala nin tan conquistada foi tanta xente con tan poucas palabras. Lástima que aquela zona fose desde os inicios do levantamento franquista profundamente castigada con persecución e mortes, poñendo o seu alcalde á cabeza dunha lista de crimes abominables, que inda está por escribir.
Helena Villar Janeiro. XOÁN ÁLVAREZ.
Cal é o primeiro libro que recorda ter lido?
Lin moito desde moi nena: contos, fábulas, vidas de nenas e nenos santos e TBOs, pero o libro literario da miña infancia foi un tomo de El Tesoro de la Juventud. Tiña pés de ilustracións de textos de Shakespeare, Walter Scott e materia de Bretaña. Adoraba ler e reler neles sen comprender a forma. “Otelo contempla a Desdémona dormida. De Otelo”. “Sir Reginaldo apresa a Cedric, a Rowena, a Isaac de York con su hija Rebecca y a Ivanhoe herido. De Ivanhoe”. “Tristán debe…
View original post 1.534 palabras máis
#aforismos
As historias de amor fanse cos corpos, non coas ideas.
#poesiaminima
#fotopoemas
Diacronía do empeño.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Son os camiños
triunfo do paralelo
fronte á certeza.