O ÉXITO DUN MITIN RESUMIDO

Non é moita a información que podo aportar da “Casa del Pueblo” de Becerreá máis que a súa ubicación e algún dos traballos culturais e políticos que se desenvolvían nela durante a II República.

O edificio, situado na curva da Ribadiña da estrada xeral,  fora “salina” (lugar de venda do sal ao final do monopolio), nome que herdou moito tempo tendo pasado por el a “Casa del Pueblo”, o cine, e o café hoxe Restaurante Correos, pola proximidade que tivo nos primeiros anos co servizo trasladado á Avenida de Navia.

Na Casa del Pueblo facíase cultura. Un grupo de afeccionados representaba obras de teatro, e as Misións Pedagóxicas da República proxectaban cine e programaban charlas e conferencias. Había tamén mítines nos que interviñan oradores que ás veces sobrevoaban a capacidade de asimilación dun auditorio maioritariamente rural, precisando de alguén que fose capaz de reinterpretalos.

Nun dos últimos mítines socialistas, un home moi novo vido de fóra facía alusión á sublevación de Jaca nun castelán de fonética moi allea á que o persoal estaba afeito a escoitar. Nun arrouto poético dixo algo parecido a que lle gustaría que as mans das  campesiñas da zona recollesen ramalletes de flores silvestres en mañá transparente e as colocasen sobre as tumbas de Galán e García Hernández. Aquel discurso parecía cabalgar nunha nube ata que un paisano de Fontes, vendo o tempo e a ocasión perdidos, subiu ao escenario, colleulle o micro ao poea e pronunciou  unhas palabras abaixadas á realidade que tiña diante dos ollos:

-O que vos quere dicir este señor é: “O socialismo convenvos. Se o quereis colleino e, se non, fodeivos”.

Nunca tantos aplausos se oíron naquela sala nin tan conquistada foi tanta xente con tan poucas palabras. Lástima que aquela zona fose desde os inicios do levantamento franquista profundamente castigada con persecución e mortes, poñendo o seu alcalde á cabeza dunha lista de crimes abominables, que inda está por escribir.     

Helena Villar Janeiro: “Os libros que se relén cando ti xa non es a mesma vólvense novos”

BiosBardia

Helena Villar Janeiro. XOÁN ÁLVAREZ.

Poeta e narradora, mestra de escritores, voz dos Ancares, matriarca por dereito propio das nosas letras contemporáneas. Helena Villar Janeiro franquéanos a porta da súa ‘Biblioteca Íntima’, á que sumamos as súas tres últimas obras: Minimal Poetry/Poesía mínima (Alvarellos), Amor por catro e Fina, a pirata (ambas en Galaxia).

Cal é o primeiro libro que recorda ter lido?

Lin moito desde moi nena: contos, fábulas, vidas de nenas e nenos santos e TBOs, pero o libro literario da miña infancia foi un tomo de El Tesoro de la Juventud. Tiña pés de ilustracións de textos de Shakespeare, Walter Scott e materia de Bretaña. Adoraba ler e reler neles sen comprender a forma. “Otelo contempla a Desdémona dormida. De Otelo”. “Sir Reginaldo apresa a Cedric, a Rowena, a Isaac de York con su hija Rebecca y a Ivanhoe herido. De Ivanhoe”. “Tristán debe…

View original post 1.534 palabras máis