AS BÁGOAS DOS TEUS LAGARTOS

Homenaxe a Federico García Locar no cabodano do seu fusilamento.

 

El lagarto está llorando.

La lagarta está llorando.

F.G.L

 

 En Víznar

el agua me espera

para llorar.

Rafael Alberti

 

 O lagarto e a lagarta,

cos seus manteliños brancos

choran no foxo de Víznar

días de setenta anos.

 

Na fonte de Ainadamar[1]

choran de día os lagartos,

cos seus anelos perdidos

e os seus mantelos gastados.

 

Choran para che lavar

co seu salouco aventado

polas vellas oliveiras

a caliveira de nardo.

 

Á fonte de Ainadamar

as noites levan teatro

de monifates de lúa

para durmir os lagartos.

 

Pero lagarto e lagarta

cos seus ollos enloitados

choran no foxo de Víznar

noites de setenta anos.

 

[1] Fonte das bágoas

2 opinións sobre “AS BÁGOAS DOS TEUS LAGARTOS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s