#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus

Mañá inverniza
que enmudece os paxaros.
Canta a vimbiera.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Mañá inverniza
que enmudece os paxaros.
Canta a vimbiera.
#poesiaminima
#fotopoesia
Veu ver o trono
como desfila a chuvia
por Compostela.
#poesiaminima
#fotopoesia
E fun buscar o amor que sei perdido
ao avesedo dos cérvidos arbóreos.
#fotopoemas
#poesiaminima
#tanka
Eran os bicos
púrpura sobre neve
baixo o luar.
Sábeme a noite a ibisco
en infusión de tempo.
#fotopoemas
Non chores polo amor que se perdeu.
Aviva o seu recordo, que era a rosa.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Viñas de inverno
que lle gravan ao sol
o electrocardio.
A casiña do anano
é pequerrecha.
Unha porta non lle abre
e outra non pecha.
"A campá da Lúa", Xerais, 1999
#fotopoesía
#aforismos
A natureza coloca os elementos formando ritmos.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Dixo a mañá:
-Ven, que imos escribir
contos de fadas.