TARDE DE NUBE PARA XELA

TARDE DE NUBES PARA XELA

A de quen comprende non é

palabra feliz.

X. A.

Palabras densas como cinceis para tallarte

torso de enigmas embelecados pola memoria

azar errático chumbo alpeirado vidrieira azul

bágoa recóndita  fuga silente de formas lentas

no ríspido ouro que presta agosto á cinsa efémera 

que antes foi rosa.

Grafemas húmidos espirais vagos signos rebeldes

sol esquecido paxaros tristes cumes borrados

dor desdobrada arcanos rotos vento elexíaco

doce monólogo esparexido no diccionario

da tarde aberta ventre fecundo ferida branca

que antes foi verso.

H. V. J.

En “Xela Arias, quedas en nós”, Xerais, 2004