Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes

Caderno da crítica

Xesús Rábade Paredes

Memoria do corpo

Galaxia, Vigo, 2018, 68 páxinas, 9,50 €

Hai xa cinco anos que Xesús Rábade Paredes nos regalara un libro de memoria perenne en min como foi Sobre ruínas e agasállanos agora outra achega singular como a atesoura este Memoria do corpo, aparecido hai uns meses.

Teño para min que é este un dos grandes libros do poeta chairego. Non sei se a experiencia, se o filtro esixente que aplica ao seu traballo, se o ritmo demorado de composición que se espella en cada poema,  ou simplemente, se o talento creador pode explicalo, mais talvez non vaia desencamiñada unha explicación que apunte a todos os elementos que acabo de sinalar.

Memoria do corpo, así pois, é un libro polifónico e, ao tempo, intenso e revelador dunha estética -e dunha ética- da que se fala nel mesmo. A proposta poética é confesional e íntima…

View original post 288 palabras máis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s