Luz cenital na cociña de Asunción.

#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Na urda do vento.
cada memoria trama
a súa alfombra.
#fotopoemas
Eva era verde no Edén dun avesedo,
e adeus, mazá, pecado e expulsión.
#aforismos
A vellez lúcida é a un tempo desfeita e privilexio.
#fotopoemas
De cando o lixo escribe poesía.
Ser era de Ortigueira, alí nacera no 1934, pero o seu foi ser de Compostela e exercer polas súas rúas oficios nos que se embarcou desde que nesta cidade asentara, vía familiar, nunha idade que tocaba facer a daquela obrigatoria e sacramental primeira comuñón. Bacharel dos do Instituto Xelmírez, co seu título superior asinado pola xefatura do Estado accede a unha Facultade de Dereito a tiro de pedra do seu domicilio en Casas Reais. Aínda que o seu pai era almacenista, estudar estudou leis. Mais faríao cunha intensidade que non lle permitiu converterse en avogado, fiscal ou rexistrador da propiedade. Colgou cedo o seu futuro togado á vez que, con compañeiros de maior e futuro percorrido universitario, abrazou eses novos ritmos que desde a sorpresa afroamericana os anima a crear un grupo musical que fixo bailar moitos dos seus compañeiros de universidade. Tempos da orquestra Casbah, onde…
View original post 2.837 palabras máis