#fotopoemas

#poesiaminima

#haikus

 

Memoria anfibia

das fases solsticiais

que marca o río.

Advertisements

ANGROIS, 6º ANIVERSARIO

A Grandeira no tiña que estar na vía.
A traxedia debera andar en folga.
A morte debería rexeitar o tal convite.
O reloxo non podería marcar aquela hora.
O tren debía chegar cando partiu.
Todo debera ser distinto.
Pero non foi así,
e como nos desgarra, sangra e doe
inda que o noso corpo non fose magoado
nin nos tocase o gume da perda irreparable!
Así nos does
e doerás por sempre,
Angrois.