NUBES. POEMA DE HELENA VILLAR JANEIRO

Podedes ver aquí https://aulasgalegas.org/nubes-brancas-poema-de-helena-villar-janeiro/?fbclid=IwAR3Y-VBauWbz5pFMUB33dMH7wVe5dTq-5yijLHeAL0N9qtJpP8d33Yja1Eo unha proposta de traballo de Aulas Galegas motivada pola Lectura do poema infatil de “A campá da Lúa” e a cántiga “Chámome don Polbo” do Grupo Nabarquela, gañadora do I CERTAME DE CANCIÓN INFANTIL “CANTARELIÑA” (1983).

Fina a pirata, de Helena Villar Janeiro

Caderno da crítica

Fina-a-pirataHelena Villar Janeiro

Fina a pirata (ilustracións de Abi Castillo)

Galaxia, Vigo, 40 páxinas, 15,20 €, 2019

Reecontrarse coa palabra de Helena Villar Janeiro, sexa no xénero que for, resulta sempre unha experiencia grata e marabillosa, se nesta ocasión se fai coa compaña das excepcionais ilustracións de Abi Castillo para este libro titulado Pirata, non dubido que aínda máis.

Helena Villar Janeiro réndelle, neste álbum ilustrado infantil, un tributo a un deses xogos colectivos practicamente desaparecidos do actual imaxinario lúdico infantil, e paréceme ben que o faga porque entre outros motivos retrata a historia dunha nena que vive nos Ancares, filla dun labrego e carpinteiro, que conta unha historia posible dun accidente fortuíto e como a lectura, a solidariedade das súas amigas, unha actitude positiva do entorno escolar e, sobre todo, a imaxinación e o xogo poden sempre axudar a restablecer a normalidade e o optimismo porque si…

View original post 31 palabras máis

DESPOIS DE TER AMADO

Dame tu sal, tu yodo, tu fiereza.

Alfonsina Storni

 

Amar o mar

doado é

despois de ter amado.

 

Hai tantas que deitaron sobre o mar os seus brazos de amante,

a paixón dialéctica da vida,

e a loita desmembrada de seguir…!

 

Ese primeiro bico inesquecible

ha saber sempre como sal de océano

e seguirás poñendo en cada boca que deixes que te bique

o salitre do mar.

 

Por iso agarda o mar o teu amor,

o último amor, o amor desesperado,

o amor do desamor que busca mar

cando se queima a noite en veladura.

 

O mar dá voltas, e ondas e mareas

bordeando os teus bordos

amosánche o sorriso da fondura.

 

Bótaste no seu colo sentindo o corpo arder

como se fose leña de aciñeira,

porque sabes que o mar

apaga  para sempre os lumes do desexo

e alí quedas nos brazos envolventes

da elexíaca anaina cantada pola escuma

debruzada por sempre nun verde de esperanza.

 

Xistral, nº 21, ano 2019