#fotopoemas
A nogueira esfollada tratou de embelecerse
tal como a ve a lúa coas súas lentes de prata.
#fotopoemas
A nogueira esfollada tratou de embelecerse
tal como a ve a lúa coas súas lentes de prata.
Os paxaros nas árbores e os carros nos camiños
facían harmonías que foi levando o tempo.
#fotopoemas
A media morte busca unha gaiola
que cambia as decisións de espazo e tempo.
#fotopoemas
Cae a viña vencida e os chanteiros ciriais
vélanlle a faramalla ata a resurrección.
#fotopoemas
Ven gozarme e non sintas a chamada da serpe
senón a da soidade que atoparás mañá.
#fotopoemas
O carreiro de outono é un pintor
que ten nalgún museo o que che amosa.
#fotopoemas
Na sobreira latexa o medio corazón
que esqueceu acabar a saltasebes moza.
#fotopoemas
Sobre o mar outro mar de aire. A nube
ingrávida repousa como un soño.
#fotopoemas
Baixou o sol dourando as follas e os bugallos
como pequenos astros que morresen tras del.