Cando unha flor se empeña en ser un verme.

Cando unha flor se empeña en ser un verme.
Acaba de me chegar o nº 43 de Dorna, revista dirixida polo profesor Ramón Lorenzo, na que adoito colaborar desde o primeiro número. Deixo aquí o segundo poema da triloxía DESDE OUTRA PEL e agradecementos e parabéns aos responsables do comité de redacción, Ismael Ramos e Alba Cid.
2 LUGAR DE EXILIO
Veste na rúa e miras arredor:
é o lugar do exilio.
A beirarrúa pola que paseaches os teus nenos
é un lugar de exilio.
O banco que termou dos teus amores e dos teus cansazos
é un lugar de exilio.
O escaparate que ofrecía os soños das viaxes exóticas
é un lugar de exilio.
Deixaches arrastrándote a camisa
como unha cobra mentres te lanzaban
do piso da hipoteca, por impago.
Non tes billete.
Non tes destino,
exiliada sen causa,por non te ter erguido en rebeldía.
Nunca pensaches que o lugar do exilio
había ser a rúa onde viviches.
Write a comment…
2 LUGAR DE EXILIO
Veste na rúa e miras arredor:
é o lugar do exilio.
A beirarrúa pola que paseaches os teus nenos
é un lugar de exilio.
O banco que termou dos teus amores e dos teus cansazos
é un lugar de exilio.
O escaparate que ofrecía os soños das viaxes exóticas
é un lugar de exilio.
Deixaches arrastrándote a camisa
como unha cobra mentres te lanzaban
do piso da hipoteca, por impago.
Non tes billete. Non tes destino,
exiliada sen causa,
por non te ter erguido en rebeldía.
Nunca pensaches que o lugar do exilio
había ser a rúa onde viviches.