O badal da campá de Pomona
fai soar as mazás agostiñas.

#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Chega o verán,
axota o amor dos niños
e xoga o vento.
Memoria do corpo
Galaxia, Vigo, 2018, 68 páxinas, 9,50 €
Hai xa cinco anos que Xesús Rábade Paredes nos regalara un libro de memoria perenne en min como foi Sobre ruínas e agasállanos agora outra achega singular como a atesoura este Memoria do corpo, aparecido hai uns meses.
Teño para min que é este un dos grandes libros do poeta chairego. Non sei se a experiencia, se o filtro esixente que aplica ao seu traballo, se o ritmo demorado de composición que se espella en cada poema, ou simplemente, se o talento creador pode explicalo, mais talvez non vaia desencamiñada unha explicación que apunte a todos os elementos que acabo de sinalar.
Memoria do corpo, así pois, é un libro polifónico e, ao tempo, intenso e revelador dunha estética -e dunha ética- da que se fala nel mesmo. A proposta poética é confesional e íntima…
View original post 288 palabras máis
#fotopoemas
O milleiral marca o paso do tempo, o percorrer da vida cara á morte, o rexurdir da morte cara á vida.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Tocan a bicos
desde os badais as rosas.
Ritmo e desexo.